Sesións Matinais de debate de anime. Cada edición o FKM trae unha escolma de títulos de Selecta Visión, xestora, produtora e distribuidora líder en anime xaponés coa que o Festival leva colaborando desde o 2013 na difusión deste xénero en Galicia.
Unha oferta educativa dirixida tanto a público xeral como comunidade escolar na que ao finalizar cada película proponse unha actividade reflexiva.

SESIÓNS MATINAIS SELECTA VISIÓN
SESIÓNS INFANTÍS SELECTA VISIÓN
XOVES 21 OUT 12:00h

Los niños del mar (Ayumu Watanabe, 2019) 110’ Xapón
+12
Ruka, unha estudante de secundaria á que lle custa expresar os seus sentimentos, visita o acuario onde traballa o seu pai e ve a dous mozos misteriosos nadando entre as baleas. Trátase de Umi (Mar) e o seu irmán Sora (Ceo), que foron criados por dugongos e parecen escoitar a mesma estraña chamada do océano que ela. Este encontro entre o tres parece activar unha serie de fenómenos sobrenaturais como a caída dun meteorito no océano ou o feito de que toda a vida mariña do planeta comece a converxer cara a Xapón. Pero hainos que saben que estes sucesos están relacionados con Umi (Mar) e Sora (Ceo) e tratarán de utilizalos no seu propio beneficio. Serán capaces os seres humanos de deixar de lado as súas diferenzas para resolver o misterio da vida?
VENRES 22 OUT 12:00h

La Serpiente Blanca (Amp Wong, Zhao Ji Ping, 2019) 99’ China
+12
Unha moza que perdeu a memoria e un cazador de serpes embárcanse nunha aventura coa esperanza de alcanzar a promesa do amor eterno. Benvidos ao espectáculo visual impresionante da versión definitiva dunha das lendas máis antigas e inmortais de China. Un día, unha nova chamada Branca é salvada por Xuan, un cazador de serpes dun pobo próximo. Dado que a rapariga perdeu a memoria, deciden emprender xuntos unha viaxe para descubrir a súa verdadeira identidade, chegando a desenvolver sentimentos profundos o un polo outro ao longo do camiño. Pero a medida que aprenden máis sobre o seu pasado, descobren unha escura trama de forzas sobrenaturais que compiten polo poder, co destino do mundo en xogo. O que lles agarda é unha suntuosa historia de demos gaioleiros, mortíferas bestas míticas, asasinos, artes marciais e a promesa do amor eterno.
SESIÓNS INFANTÍS SELECTA VISIÓN
SÁBADO 23 OCT 12:00h

The Wonderland/El país de las maravillas del cumpleaños (Keiichi Hara, 2019) 115’ Xapón
Todos os públicos
O día antes dos seus aniversarios, a insegura Akane visita a tenda de antigüidades da súa tía Chii en busca dun agasallo. De súpeto, ante ela aparecen o misterioso alquimista Hippocrates e o seu aprendiz Pipo, quen lle piden desesperadamente que salve o seu mundo. A pesar da súa reticencia, Akane vese arrastrada a través da porta do soto da tenda até un auténtico país das marabillas repleto de criaturas fantásticas que desafían a imaxinación. Con todo, este mundo enfróntase a unha crise sen precedentes: unha grave seca que está a provocar a perda das cores. Unha vez que acepta asumir o rol de salvadora deste mundo, Akane embárcase nunha aventura inesquecible que cambiará a súa vida para sempre.