A Cerimonia de Clausura é o noso evento oficial de peche de festival. Polo xeral celébrase nun espazo de relevancia dentro do pulso cultural da cidade. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala, polo que se prega puntualidade.
Este é un evento dinámico e presentado por profesionais das artes escénicas no que dun xeito ameno se fai o resumo das seccións oficiais, facendo entrega dos premios das seccións competitivas.
Domingo 20 ás 18:30- Fundación Luis Seoane
A cerimonia de Clausura da XI edición do festival FKM será o domingo 20 ás 18:30 na Fundación Luis Seoane estará presentada pola grande artista da interpretación Diana Sieira, que presentará os seguintes premios:
- Concurso Internacional de Longametraxes: Premio Amando de Ossorio do Xurado, que tamén outorgará galardóns nas categorías de Mellor Interpretación, Mellor Guión, Mellores Efectos Especiais, Mellor Banda Sonora Orixinal. E o Premio do Público (trofeo pintado por Xurxo G. Penalta).
- Concurso Internacional de Curtametraxes: Premio do Xurado e Premio do Público (trofeo pintado por Álvaro Dorda)
- Concurso Internacional de Guión para Curtametraxe, cun premio en metálico.
- Concurso Internacional de Curtametraxes “FETUS”, o Premio do Xurado, “Gloria Bendita á Realización Máis Salvaxe”.
Como punto final de esta edición o Festival FKM presentará unha actuación sorpresa cun espectáculo audiovisual con tintes postapocalípticos. A fin do mundo achégase.
