See Award Winners below

O FKM chega ao seu final celebrando unha cerimonia de clausura que tivo lugar no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural – Fenosa (MAC), o pasado domingo 1 de novembro.

A cerimonia estivo presentada por Juanillo Esteban, mais coñecido como “Yoni Medio Gramo”, que amenizou unha velada con consellos e recomendación que ás veces non foron para todos os públicos pero que deixaron moi bo sabor de boca, … e de pulmón.

Tonecho Otero e María Núñez, codirectores do FKM, quixeron facer entrega dun galardón sorpresa, un percebe mutante, á actriz Lone Fleming, unha das “scream queen” do cine de terror da España dos 70 e 80, musa do recoñecido director coruñés Amando de Ossorio.

Yoni Medio Gramo continuou coa entrega dos premios da VII Edición do Festival de Cinema Fantástico dá Coruña, FKM, mais concretamente cos trofeos do IV Concurso Internacional de Curtametraxes.

“Perrilla”, a artista que pintou un dos percebes mutantes desta edición, entregou o Premio do Público a “Dinner for Few” do director e produtor grego Nassos Vakalis que se suma aos mais de 46 galardóns que tivo esta extraordinaria obra de animación.

gala 2

O Premio do Xurado entregouno Antonio Cortes, de GADISA, e tamén recaeu en “Dinner for Few”.

Para a mención especial nas curtametraxes, os membros do Xurado conformado por Christophe Lemaire, crítico en cinema francés e redactor de revistas como Mad Movies, Starfix, Javier Trigales, guionista, crítico e animador, e María Arochena, productora de cine de animación, decidiron que esa mención especial fose para Kaichi Sato pola súa curta “Liquid”

A continuación, pasouse á entrega dos galardóns no I Concurso Internacional de Longametraxes, Ópera Prima.

O galardón polos mellores efectos especiais recaeron na película italiana “Fantasticherie di un passeggiatore solitario” de Paolo Gaudio.

O galardón pola mellor banda sonora tamén foi para “Fantasticherie di un passeggiatore solitario” de Paolo Gaudio,

O galardón polo mellor guión correspondeulle á película guatemalteca “Ovnis en Zacapa” de Marcos Machado.

O premio do público entregouno Tonecho Otero, codirector do FKM, en nome de José Domingo, o artista que pintou o outro percebe, e foi para “Neuroworld” de Borja Crespo

O xurado que considerou á mellor Ópera Prima estaba composto por Quim Casas, crítico de cine español, Fabrice Lambot, produtor francés e Alberto Abuín, critico de cine español. Unanimemente, deron o premio á película guatemalteca “Ovnis en Zacapa” de Marcos Machado. Este premio foi patrocinado polo Museo Gas Natural Fenosa e foi recollido por Carmen Rivera, directora do Museo.

O FKM tamén quixo valorar cun vídeo homenaxe a participación de todas as persoas voluntarias que fixeron posible a boa realización do festival.

Tras un catering cortesía do museo anfitrión, a clausura acabou cunha gran festa de despedida co concerto de presentación do grupo coruñés MØURΔ que durante unha hora amosou un contundente directo, apoiado en gran medida por composicións instrumentais de enorme calidade e moi orixinais.

Rematamos cunha frase de Yoni Medio Gramo, que podería servir para as fantásticas sensacións que nos deixou o FKM deste ano e que xa non volverán ata o 2016:

“¡Volar está de puta madre, lo chungo es aterrizar!”

P.D.

Listado de premios en inglés:

AWARD WINNERS

I INTERNATIONAL FILM COMPETITION –  ÓPERA PRIMA –  FKM 2015

Award for Best Feature Opera Prima (sponsored by MAC. Gas Natural-Fenosa): ‘Ovnis en Zacapa’ by Marcos Machado

Award for Best Screenplay: Enrique Pérez Him for ‘Ovnis en Zacapa’ by Marcos Machado

Award for Best Special Effects: Marcello Ercole, Dennis Cabella for “Fantasticherie di un passeggiatore solitario” by Paolo Gaudio

Award for Best Music: Sandro di Stefano for “Fantasticherie di un passeggiatore solitario” by Paolo Gaudio

Grand Audience Award: ‘Neuroworld’ by Borja Crespo

IV INTERNATIONAL SHORT FILM FESTIVAL OF A CORUÑA – FKM 2015

Award for Best Short Film (sponsored by GADIS): ‘Dinner for few’ by Nassos Vakalis

Special Mention: ‘Liquid’ by Kaichi Sato

Grand Audience Award: ‘Dinner for few’ by Nassos Vakalis