Sección competitiva adicada a curtametraxes non profesionais feitos en Galicia e nos que se esixe o uso do galego como idioma orixinal. Trátase dunha sección competitiva que busca as producións máis experimentais e arriscadas, onde o enxeño, a capacidade de inventiva e as narrativas non convencionais sexan capaces de ofrecer unha obra que optimice os recursos dispoñibles con talento, creatividade e sentido do humor. Este concurso está dirixido ás escolas de cinema que hai en Galicia para fomentar os xéneros cinematográficos de terror, fantástico e ciencia ficción en Galicia e, tamén, o uso do galego nas obras audiovisuais.
O Premio Fetus á Mellor Curtametraxe está dotado de 500€ en metálico e un trofeo deseñado por Alberto Hortas, que é entregado polo xurado na Cerimonia de clausura. O público entrega 5 trofeos nas seguintes categorías: Morte Máis Lograda, Tremendo Mellor Berro, Caracterización Máis Enxeñosa, Mellor Escena de Sexo Intenso e Mellor Teoría Patafísica.
Esta é a selección oficial do Concurso Internacional de Curtametraxes “Fetus”

SÁBADO 12 OUT 20:00H
FUNDACIÓN LUIS SEOANE
Entrada de balde
