DOMINGO 13 OUT 19:00H

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

Los nuevos bárbaros / I nuovi barbari (Enzo G. Castellari, 1983) 92’

No ano 2019 o planeta Terra foi devastado por unha guerra nuclear. Os poucos supervivintes que aínda quedan camiñan sen rumbo coa esperanza de atopar algún reduto de civilización, tentando atopar a orixe dunhas misteriosas ondas de radio. Polo camiño tentan non cruzarse cos terribles “Templars”, unha banda de temibles guerreiros que teñen como obxectivo exterminala raza humana.

Acción sen pausa, frechas que fan estoupar cabezas, estrambóticos vehículos con delirantes armas letais, peiteados imposibles e roupa ridícula, fan deste filme unha obra inesquecible.

Los invasores del abismo / I predatori di Atlantide (Ruggero Deodato, 1983) 92’

En 1994 un equipo de científicos investiga o afundimento dun submarino nuclear ruso preto dunha plataforma petrolífera nas costas de Miami, Florida, cando descubren unha antiga reliquia supóstamente pertencente á perdida civilización de “Atlantis”. Mentres tratan de facer subir o submarino á superficie, éste ten unha fuga radioactiva de perigosas consecuencias. Dous veteranos de Vietnam que tentaban descansar da sua derradeira misión nunha illa do Caribe veranse envoltos na perigosa aventura.

Do director de Holocausto Caníbal chega este Mad Max italo-filipino cargado de ultraviolencia e punks motorizados, chegados da Atlántida para causar unha masacre. Acción, efectos especiais e mutilación noutro dos clásicos do cine de barrio de principios dos 80.