O primeiro festival dos xéneros fantástico e de terror en Galicia remata a súa XI edición coa súa entrega de trofeos. Na tarde de domingo 20 tivo lugar na Fundación Luis Seoane a cerimonia de clausura da XI edición do Festival de Cinema Fantástico coa súa entrega de trofeos e galardóns. A francesa Blood Machines do director Seth Ickerman converteuse na gañadora do Concurso internacional de longametraxes deste ano. A cerimonia rematou cunha audición de retro melodías “insoportables” en formato Vinilo (single 45) do Señor Lili desde a súa Lilicleta.

Os premios e galardóns da XI edición de FKM son

Concurso internacional de longametraxes FKM 2019

  • Premio do xurado: Blood Machines (Seth Ickerman, 2019)
  • Premio do público: Blood Machines (Seth Ickerman, 2019)
  • Mellor Guión: Enrique e Fernando R Bencomo por Atacama (Enrique R Bencomo, 2019)
  • Mellor Interpretación: Fernando Cermeño por Fuel (Israel González, 2019)
  • Mellores Efectos Especiais: Seth Ickerman por Blood Machines (Seth Ickerman, 2019)
  • Mellor Banda Sonora Orixinal (ex aequo): Carpenter Brut por Blood Machines (Seth Ickerman, 2019)
  • Mellor Banda Sonora Orixinal (ex aequo): Thorsten Fleisch e Christian Serritiello por Flesh City (Thorsten Fleisch, 2018)

Concurso internacional de curtametraxes FKM 2019

  • Premio do xurado: Panic Attack (Eileen O’Meara, 2018)
  • Premio do público: Mi Nombre es Koji (David Muñoz, 2019)
  • Mención especial para:  Swipe (Niels Bourgonje, 2019)

Concurso internacional de guións para curtametraxes FKM 2019

  • Premio do xurado: El Piano (Uxía Taboada Otero)
  • Mencións especiais: Devorador de nenos (Marcos Nine) e Cosmonauta (Iván Castro)

Concurso Internacional de Curtametraxes “Cinema Fetus” adicado a curtas experimentais

  • Gloria bendita a realización máis Salvaxe: Neno bonito (Fran X. Rodríguez, 2019)
  • Mención espacial: Terror na batea (Diego López Curros, 2019)
  • Morte Máis Lograda: Cafeína (Sara C. Lorenzo, Julio López,  2019)
  • Tremendo Mellor Berro: Homomaquia (David Fidalgo Omil, 2019)
  • Caracterización Máis Enxeñosa: Terror na batea (Diego López Curros, 2019)
  • Mellor Escena de Sexo Intenso: Peixes voadores (Francisco Torregrosa, 2019)
  • Mellor Teoría Patafísica: Cafeína (Sara C. Lorenzo, Julio López,  2019)