

Presentación Matanza Caníbal Zine, libro sobre Antonio Blanco
28 Decembro 2021,20:30 - 22:30
| De baldeO Festival FKM e Altar Mutante publican a 2ª edición ampliada do Nº1 de Matanza Caníbal Zine, en formato libro monográfico dedicado a Antonio Blanco.
Na 1ª edición do fanzine dedicamos 42, das 68, páxinas a Antonio Blanco e a súa película, LA MATANZA CANÍBAL DE LOS GARRULOS LISÉRGICOS, en formato grapa e branco e negro. Nesta ocasión fóisenos das mans e publicamos un libro de 130 páxinas a todo cor e integramente dedicado a Antonio Blanco, na súa faceta de cineasta e autor teatral.
Ademais das entrevistas a Manuel Manquiña, Juanillo Esteban, Julián Hernández e Belén Negreira, ampliamos a voz dos protagonistas con Ricardo Llovo, Mamen Rivera, Silvia Superstar, Teté Delgado, Antonio Durán “Morris” e Suso Montero.
O fanzine complétase cunha extensa análise da película, numerosas páxinas do guión orixinal, do story-board e novos artigos sobre as surrealistas presentacións en festivais, a versión teatral da película, A MATANZA DOS SEIXAS e o monólogo cómico, SÓLOS, PERDIDOS Y VICIOSOS. Todo iso ilustrado con infinidade de fotografías inéditas cedidas polos protagonistas.
A presentación terá lugar na Fundación Luís Seoane o martes 28 de decembro, ás 20:30h.
Ademais dos editores do fanzine, Tonecho Otero e Luís Sendón, estarán Ricardo Llovo, Manuel Manquiña, Juanillo Esteban, Mamen Rivera, Belén Negreira e… Roco!
Acto seguido proxectarase a película LA MATANZA CANÍBAL DE LOS GARRULOS LISÉRGICOS (Antonio Blanco, Ricardo Llovo, 1993), desde o VHS orixinal.
Non te perdas esta gloriosa xornada de liserxia magnetoscópica, VHS-EXPERIENCE.
Leave A Comment