Cargando eventos
Este evento pasou.
Tes un proxecto de cinema xénero e buscas coprodución e/ou distribución? Non dubides en enviar un correo cos teus datos para reservar un espazo de reunión cos nosos expertos.
O Festival FKM organiza por primeira vez un Foro de Coprodución Internacional, composto por unhas xornadas formativas especializadas en cine de xénero sobre produción e distribución e un completo espazo de reunións one-to-one con expertos internacionais.
O espazo reservado para reunións individuais será o Centro Cívico Cidade Vella da Coruña, o día 15 de outubro en horario de tarde. Os asistentes poderán reunirse con Fabrice Lambot, produtor en Kabo Family (Francia) e Alberto Álvarez Aguilera / Responsable de vendas para Iberoamérica e Festival Manager en Reel Suspects (Francia).
Descarga a ficha de inscrición
[button style=’regular’ color=’#9AB63E’ size=’medium’ link=’https://festivalfkm.gal/wp-content/uploads/Ficha-inscrición-FKM.pdf’]Descarga[/button]
Fabrice Lambot
Produtor e director francés que traballa no grupo Kabo Family. Produciu en 2018 a serie Mike e a pelicula Peplum. Está actualmente desenvolvendo unha serie de fantástico con Julien Maury e Alexandre Bustillo (Inside, Leatherface) dos cales producira previamente, con Metaluna Productions, a pelicula Aux Yeux des Vivants (2014) e o segmento X de ABCs of Death 2. Tamén produciu as películas The Theatre Bizarre (VV.AA, 2011), Ciencias Naturales (Matías Lucchesi, 2014), Dying God (que dirixiu) e os documentais Kirby at War (Mark Azéma, Jean Depelly, 2017), The OtherWorld (Richard Stanley, 2013), Super 8 Madness (Fabrice Blin, 2014) e Marvel 14: Les super-héros contre la censure ( Jean  Depelley, Philippe Roure, 2009), Agora mesmo ten en desenvolvemento proxectos con Joe Dante, Douglas Buck e Abel Ferry.
Alberto Álvarez Aguilera
Responsable de vendas para España e Latinoamérica e xerente de festivais en Reel Suspects, unha distribuidora internacional de cinema con sede en París. Reel Suspects está especializada no cinema de xénero e de autor, entre cuxos éxitos recentes se inclúen Demon (Marcín Wrona, 2015), Tenemos la carne (Emiliano Rocha Minter, 2016) ou Vanishing Waves (Kristina Buozyte, 2011). Previamente, desempeñara diversos cargos en publicidade e plataformas web tras licenciarse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. A continuación, trasladouse a Francia, onde obtivo un Máster en Comunicación Dixital na Universidadede Paris VIII e especializouse na distribución internacional de cinema.

Leave A Comment