Cargando eventos
Este evento pasou.

[:gl]O Festival FKM organiza por primeira vez unhas xornadas especializadas en produción e distribución de cine de xénero no marco do I Foro de Coprodución Internacional #FKMWORKS.

Terán lugar no MAC, Museo de Arte Contemporáneo-Fundación Naturgy da Coruña o vindeiro día 15 de outubro en horario de 10 a 14h. A inscrición é gratuíta.

Para participar é preciso enviar un correo para reserva de praza a fkmworks@festivalfkm.gal antes do 13 de outubro indicando nome e apelidos.

10:00-10:15h Benvida
Panel internacional. Modelos de produción

10:15-10:45h Producir cinema de xénero
• Fabrice Lambot / Produtor en Kabo Family (Francia)

10:45.h-11:15h Coprodución España-América Latina
• Fernanda del Nido / CEO en Setembro Cine

11:15-11:45h Producir para o público
• Borja Pena / Produtor en Vaca Films

11:45-12:15h– Pausa Café
Panel internacional. Distribución e comercialización

12.15-12.45h Distribución Internacional de cinema de xénero
• Alberto Álvarez Aguilera / Responsable de vendas para Iberoamérica e Festival Manager en Reel
Suspects (Francia)

12.45h-13.15h Compra de dereitos de cinema independente
• Francisco Rodríguez Prieto / Responsable da selección e compra de longametraxes en Movistar +

13.15-13:45h Foros de coprodución internacional especializados en Xénero. O BIF-MARKET
• Romain Roll / Director Xerente do BIF

Descarga o programa completo:

[button style=’regular’ color=’#9AB63E’ size=’medium’ link=’https://festivalfkm.gal/wp-content/uploads/Foro-coproduccion-FKM-WORKS.pdf’]Descarga[/button]

 [:]

Leave A Comment