[:gl]

FKM.2016.HOMENAXE.JACK.TAYLOR.web

Homenaxe a Amando de Ossorio con Jack Taylor

Evento: Proxección de El Buque Maldito presentada por Jack Taylor.
Sábado 17 de setembro 2016 ás 20:30h.
Fundación Luís Seoane
Deseño cartaz: Luis Sendón

Amando de Ossorio é un dos directores de cine españois máis venerados internacionalmente. En Francia, Italia, Gran Bretaña, e sobre todo Alemaña e USA, a tetraloxía dos cabaleiros templarios cegos conta con millóns de fans.

FKM comezou a traballar fai xa 3 anos nunha homenaxe a este autor de orixe galega constituída coma un gran evento. Pero a non dispoñibilidade dalgunhas das estrelas convidadas a vir á nosa pasada edición fixeron que decidiramos facer a homenaxe en varias partes. Isto permítenos facer un percorrido completo pola súa filmografía adicada aos xéneros de fantástico e terror.

Durante a pasada edición do festival, comezamos a homenaxe proxectando as dúas primeiras partes da tetraloxía; La noche del terror ciego (Amando de Ossorio, 1971), El ataque de los muertos sin ojos (Amando de Ossorio, 1973) e contamos como convidada especial con Lone Fleming, actriz fetiche do autor e unha das raíñas do berro máis queridas do fantaterror español dos 70.

Para esta ocasión propomos o pase especial de El Buque Maldito (Amando de Ossorio, 1973), que supón a terceira parte desta tretraloxía que culmina coa película La Noche de las Gaviotas (Amando de Ossorio, 1975). Película que emprazaremos para unha seguinte parte da homenaxe.

Como convidado especial contaremos co actor Jack Taylor, amigo do director, que participou en varias das súas películas e é unha das grandes estrelas cinematográficas do cinema internacional especializado no terror.

FKM – Festival de Cinema Fantástico da Coruña aproveitará a súa presencia para concederlle o Trofeo Percebe Honorífico á súa carreira cinematográfica.

Jack Taylor (Oregón City, 1936)

Comezou a súa carreira en Mexico e en 1961 afíncase en España. jack.taylor.3

Ao longo da súa extensa carreira traballou baixo as ordes de directores da talla de Milos Forman, John Milius, Roman Polanski ou Pere Portabella. Tamén traballou para directores “de culto” do cinema de terror español como; Jesús Franco, Amando de Ossorio, Javier Aguirre, Juan Piquer Simón, León Klimovsky, Carlos Aured, José Ramón Larraz ou Paul Naschy.
Compartiu cartel con moitas famosas estrelas como Arnold Schwarzenegger, Christopher Lee, Klaus Kinski, Wolf Ruvinski, Germán Carballos, Howard Vernon, Ray Milland, Soledad Miranda, Janine Reynaud, Lina Romay, Paul Muller, Adrian Hoven, Helga Liné, Herbert Lom e Maria Rohm.

Con Amando de Ossorio rodou 4 títulos: La Tumba del Pistolero en 1964, La noche de los brujos en 1973, El Buque Maldito en 1973 e Serpiente de Mar en 1984.[:]