Celebrouse ás 12:00h do martes 28 de outubro na Sede do Fórum Metropolitano a mesa cadrada: “Medo e noxo en Galicia”.

Participaron catro expertos do tema como son Javi Camiño, Samuel Lema, Omar Rabuñal Varela e Marisol Mourelle, moderados por Gutier Rolán, da Asociación CREA, a Asociación de realizadores e directores de Galicia.

“La consulta del Doctor Natalio”, “A man da raíña vermella”, “Koan”, “Babushka”ou “La carne cruda” son producións de xénero realizadas en Galicia. Nesta mesa os seus autores falarán das vicisitudes de sacar adiante unha curtametraxe desta índole, desde a creación dun crowdfunding ata o seu paso por festivais.

Gutier Rolán, da Asociación CREA dispara unha primeira bala coa pregunta: Como creades as vosas ideas?

Javi Camiño: “Eu son un consumidor de todo tipo de produtos de terror e do fantástico. A miña última curta “La consulta del doctor Natalio”, saíu de todas esas referencias previas que eu adoito consumir. Eu fago as cousas para divertirme, e no sei vivir sen facer este tipo de iniciativas.”

Omar Rabuñal: “As miñas ideas sempre están a pulular no meu cerebro. Intento que sexa unha profesión seria e vivir dela, xa que da sentido á miña vida. Cada cousa que me pasa ou experiencia que teño, tento de adaptala a un guión para as miñas curtas. Os meus últimos traballos foron “Koan” e “A man dá raíña vermella”. Isto provoca unha mestura en moitas das miñas curtas, por exemplo, Koan fala de conceptos moi abstractos, moitas ideas metidas a calzador, unha palla mental. Tamén engadín unha secuencia con moitas hostias, en homenaxe a Steven Seagal, do que son moi fan. De feito, é unha fodenda que mo comparen con Chuck Norris ou Jean Claude Van Damme, cando realmente Steven Seagal é un puto psicópata, aínda que sexa o protagonista.”

Aínda sorprendidos polo “speech” sobre Steven Seagal de Omar, Samuel Lema toma a palabra.

S: “Eu son moi intenso. Gústame moito ler de todo e aí defino ás miñas emocións, ás veces intensas e as veces escuras que plasmo nos meus traballos. Así, na miña última curta “La Carne Cruda” baseámonos na historia real do caníbal de Rotemburgo, que solicitou unha persoa para ser devorada. Presentáronse 30 candidatos e non quixo a ningunha por non cumprir certas características . O que me parecía máis de interese foi ese pacto de morte e as súas consecuencias.

Como dicía, gústame a literatura clásica como Guy de Maupassant, e tamén os cómics que creo coido son unha fonte de riqueza pedagóxica e cultural bestial. Respecto ao cine, nunca fun un cinéfilo pero si que me gusta a violencia no cine. A violencia en todos os sensos, por exemplo, aínda me estremezo coa película de Werner Herzog, “Grizzly Man“ do home devorado por un oso.

Marisol Mourelle, produtora da curta “Babushka”: “No noso caso, non temos un camiño feito. A curta foi un proxecto de fin de grado presentado fai uns días. Somos tres persoa e a directora estaba influída por películas como Rec, The Walking Dead, Misfits, etc. De aí viu a nosa idea con temática de terror zombi, tirando mais do suspense que de terror clásico. Traballando na idea da infección.”

mesa_cadrada_2_2

De esquerda a dereita: Samuel Lema , Omar Rabuñal, Gutier Rolan, Marisol Mourelle e Javi Camino

O moderador, Gutier Rolán, segue coa pregunta “Credes que hai pouca ciencia ficción en Galicia?”

Javi Camiño: “Pois si, pero non entendo ben o motivo porque á xente gústalle moito.”

Samuel Lema: “Hai pouca pero coio que é por un problema de visibilidade. Xa dende o 2009 ou 2010 existían moi poucos relacionados per no había unha plataforma óptima para publicalos.”

Omar Rabuñal: “ En penso que en Galicia,como non esteas nun determinado circulo, dun determinado cine social ou dramático, non comes nada.”

Javi Camiño: “ E ademais, nos festivais empezan a ter unha curiosa actitude: meten curtas dramáticas y despois, engaden unha un pouco friki, como a rareza, para cubrir a cota.”

Samuel Lema: “É certo, e iso que en España hai moita cultura deste tipo. Hai moita escola que está a destacar, algunhas en Cataluña. Están a sacar curtas moi traballadas tecnicamente, moi especializadas. Penso que en Galicia estamos moi coartados por culpa das subvencións que tamén teñen o seu aquel.”

Gutier Rolán: Que vos resulta mais complicado, a produción ou a distribución?

Javi Camiño: “Eu, a produción a fago con nada. Ao principio collía unha miniDV doméstica, sen sonidistas, pedindo todo prestado, utilizando á miña nai como actriz. Investía tempo y pedía moitos favores. Agora xa hai mais medios e se conseguen mellores resultados na produción. Respecto á distribución, antes na TVG había un programa “Onda Curta” onde compraban as curtas a 100 €/minuto. Iso perdeuse e é unha mágoa porque animaba aos directores a facer curtas. Agora hai mais canles de TV que nunca e sen embargo, cómpranse moi poucas curtas. A miña curta estivo en mais de 50 festivais sen distribuidora propia pero xa empeza a ser difícil presentalos a título individual. Soen pasar dun.”

Omar Rabuñal: “A curta “A man da raíña vermella” movíaa como indica Javier: con carta acompañada dun DVD. Fixen a miña propia distribución pero hai moitos festivais que xa fixeron unha selección informal antes incluso de abrir a data de inscrición.

Marisol Mourelle: “”Babushka” foi financiada por crowdfunding e iso axudou moito. Ademais, coas persoas colaboradores, amizades e outras montamos un bo equipo con todos os cargos ocupados. Pedimos 1.500 € e chegamos aos 1.550 €, ademais había axudas en especie, dietas, etc.

Samuel Lema: “Penso que mover unha curto sen distribuidora é imposible. Ademais, hai unha parte moi importante e é que si a curta é especial, ten algo que ver e amosar, colle vida propia e sairá nos festivais. Outro problema é querer ter o control da visualización da miña curta, moitas veces as produtoras métense na distribución da mesma.

María Núñez, directora do FKM, salienta o feito que o crowdfunding non é so unha ferramenta de financiamento, senón tamén de promoción e difusión. Serve para visibilizar a realización dunha curta.

Pregunta desde o público: “ Como foi o voso proceso de profesionalización?

Javi Camiño: “Eu empecei a facer vídeo clips, vídeos corporativos, vodas e bautizos, etc. Eran necesarios para obter cartos. Despois, fixen series para TVG como “Casa Manola” e tamén dirixín algún programa. Todo ía fluíndo. Eu non facía entrevistas de traballo, colgaba as miñas creacións en YouTube e a xente ía chamando. Sobre todo o que mais se busca e xente versátil, que faga de todo: levar a cámara, dirixir, editar, montar…”

Omar Rabuñal: “Si, unha maneira moi boa de promoción persoal é presentar os teus traballos en Internet. Por outra banda, a mellor forma de aprender a facer cine é poñéndose mans á obra e facer cine. Eu colgaba cousas en YouTube como “Para mariñeiros, nos” e dende aí empezaron a chamarme, pero é un sector moi inestable.”

Samuel Lema: “Eu tamén toquei moito paus: arte, animación,… Hai que comer! Curiosamente, na miña vida laboral levo mais tempo contratado como auxiliar administrativo que como creador propiamente dito. “

Pregunta desde o público: Son as curtas un trampolín cara as longas ou documentais? Considéranse a 2ª división do audiovisual?

Omar Rabuñal: “Penso que poden convivir as dúas reflexións. Para algúns a curta é un fin e para outros un medio.”

Samuel Lema: “A curta é un tipo de narrativa distinta y como formato propio ten vida por si mesma. De feito, está considerada cada vez mellor. Incluso hai xente que primeiro longas e despois pásase ás curtas.”

Javi Camiño: “Eu coas curtas perdía cartos. Co videoclip si que ganaba algo. No lles vexo moita saída económica. Son coma un capricho. A curta é como un relato breve e a longa como unha novela.”

Finalizou a mesa deixando un agradable e refrescante poso de información por parte dos relatores a todo o público presente.

As seguintes mesas que compoñen o FKM serán:

– “Amando de Ossorio” Xoves 29 outubro, 12:00 Fórum Metropolitano

– “Terror en Francia hoxe” Venres 30 outubro, 12:30 Fórum Metropolitano