O pasado 29 de outubro, ás 23:00h, estrouse nos Cantones Cines por primeira vez en España a ópera prima de Paolo Gaudio, “Fantasticherie di un passeggiatore solitario” (2014. 87’ Italia)

A primeira vez que vin o título desta película pensei: Xa me arruinaron o final!

Pensei iso porque con un título tan longo tiña por forza que conter toda a sinopse da película e, inda por riba, como acababa.

Afortunadamente, non son non conten o final senón que é unha invitación a una viaxe fantástica, delicada, elegante e a unha historia que non deixará indiferente a ninguén.

Como algún “follower” do noso twitter @fkmcine xa dixo: “Muy curiosa, buenos efectos y banda sonora :)“

Sinopse: Un poeta, un novo estudante e un neno perdido no bosque, están unidos por un soño de liberdade e por unha pequena obra mestra da literatura. Unha viaxe misteriosa e atemporal chea de aspiracións, sufrimentos e ilusións.