Onte foi unha note moi emocionante. O Concurso de Curtametraxes “Cinema Fetus” de curtametraxes en galego non nos deixou indiferentes. Houbo moita calidade nas pezas presentadas e os combates de aplausos foron moi sonoros e intensos, a decisión foi tan difícil por momentos que obrigou aos mestres de cerimonias, o director Tonecho Otero e o programador Javi Camino, a ter que repetir as votacións ata tres veces. por fin chegamos ao momento máis esperado da noite…. a entrega dos premios!!
- O premio de Tremendo mellor berro foi para unha curta excepcional cuxos diálogos están escritos na lingua dos berros: Homomaquia
- A Morte máis lograda acadouna unha morte natural pero non menos impactante que detonou o delirio da curta Cafeína
- A Caracterización máis enxeñosa foi para un equipo asiduo aos premio Fetus, o primo do noso percebe mutante o mexillón mutante de Terror na batea
- Aínda seguimos lembrando as escenas con pantasma incluída de Mellor escena de sexo intenso en Peixes voadores
- E por último unha das máis rifadas batallas a do premio á Mellor teoría patafísica finalmente foi para as adicións perturbadoras: Cafeína
NORABOA a todas as curtas participantes!!!
Leave A Comment