Sesións Matinais de debate e  Sesións Infantís de anime con obradoiro para toda a familia. Cada edición o FKM trae unha escolma de títulos de Selecta Visión, xestora, produtora e distribuidora líder en anime xaponés coa que o Festival leva colaborando desde o 2013 na difusión deste xénero en Galicia.

Unha oferta educativa dirixida tanto a público xeral, comunidade escolar, como público infantil e familiar na que ao finalizar cada película proponse unha actividade reflexiva.

SESIÓNS MATINAIS SELECTA VISIÓN

MARTES​ ​15 OUT 18:00H

Psycho Pass – The Movie (Katsuyuki Motohiro, Naoyoshi Shiotani, 2015) 113’ Japón

Todos os públicos

É o ano 2116 e o goberno xaponés comenza a exportar os droides non tripulados e o concepto de Sistema Sibyl aos países que o requiran, estendéndose mundialmente o sistema. A unión de países do suleste de Asia (SEAUn) introduciu recentemente o sistema e atópase en fase experimental, grazas ao cal a cidade artificial construída sobre a auga, Shambala Float, desfruta de días de paz e tranquilidade. Sen embargo, desde SEAUn chegan terroristas a Xapón que conseguen burlar o Sistema Sibyl e lanzar unha ofensiva ao goberno central. É cando Akane viaxará ate Shambala Float para descubrir a verdade detrás destes feitos.

MÉRCORES 16 OUT 11:30H

Tokyo Ghoul – La película (Sui Ishida, Kentaro Hagiwara, 2017) 119’Japón

+16

A guerra entre os seres humanos e os ghouls, criaturas que devoran carne humana, aproxímase e Kaneki vese atrapado no medio do conflito. En Tokyo, axexan os ghouls, criaturas con aspecto humano que só poden inxerir agua, café… e carne humana. Tras resultar gravemente ferido, Kaneki recibe un transplante de órganos dunha ghoul que se atopaba con él no momento do accidente. Convertido no primeiro híbrido de humano e ghoul, Kaneki debe facer fronte á necesidade de inxerir carne humana. Atrapado entre dos mundos en conflito, Kaneki pronto se verá obrigado a tomar parte na feroz loita entre os ghouls e a organización humana adicada a exterminalos.

VENRES 18 OUT 11:30H

Dragon / Wu Xia (Peter Chan, 2011) 100’ China

+18

Cando dous perigosos bandidos asaltan o almacén do seu pobo, o pacífico pai de familia Liu Jinxi plántalles cara en solitario e, por pura sorte, consegue acabar con eles converténdose no heroe do lugar. Pero o detective encargado de investigar o caso, Xu Baiju, négase a crer que Liu tivese tanta sorte e comenza a empregar os últimos métodos científicos ao seu carón para determinar as circunstancias exactas do caso e revelar a verdadeira identidade de Liu. Pronto descubre que Liu é en realidade Tang Long, o segundo ao mando dos 72 Demos, un grupo de sanguinarios guerreiros buscados pola xustiza. Pero o seu intento de levalo ante la xustiza chama a atención do líder dos 72 Demos e antigo mestre de Tang Long…

SESIÓNS INFANTÍS SELECTA VISIÓN

SÁBADO 19 OUT 11:30H

Puella Magi Madoka Magica – The Movie Rebellion (Ariyuki Shinbo, 2014) 90’ Japón

+7

A Ley do Ciclo guía ás Puella Magi salvándoas da desesperación, pero, ¿sempre foi así? Madoka Kaname, a que unha vez fora unha rapaza normal e corrente que vivía os días máis felices da súa vida, sacrificou a súa propia existencia para rachar a cadea que ataba a todas as Puella Magi a un destino cruel. Incapaz de esquecela, Homura Akemi segue loitando soa no mundo que Madoka legou á humanidade ca única fin de voltar a ver o sorriso da súa amiga unha vez máis. “Neste mundo incorrexible, que repite unha e outra vez as súas traxedias e o seu odio, soñei que voltaba a atopar ese sorriso familiar unha vez máis”. Pero ela é a única persoa do mundo que lembra a Madoka e pouco a pouco a soidade vai consumindo o seu corazón…

DOMINGO 20 OUT 11:30H

Mary y la Flor de la Bruja (Hiromasa Yonebayashi, Mary Stewart, 2017) 102’ Japón

Un día Mary segue a uns gatos ate unha fraga, onde se atopa cunhas flores cun estrano poder luminiscente que dan vida a unha basoira, que leva voando a Mary por riba das nubes ate a escola de maxia coñecida como Endor College. A directora, Madame Mumblechook, asume que Mary é unha nova estudante e condúcea ate o campus de Endor, onde remata amosando unhas sorprendentes e prometedoras habilidades máxicas. Sen embargo, moi cedo descobre que na escola non todo é o que parece e que alí se levan a cabo estranos experimentos, que a levan a enfrontarse cara a cara cun gran perigo e a tomar unha decisión que lle cambiará a vida.