O pasado venres 30 outubro, presentouse ás 20:30h. na CGAI o libro “Georges Franju”, coordinado por Quim Casas e editado polo Festival de San Sebastián e a Filmoteca Española.

O profesor universitario e crítico cinematográfico Quim Casas, aportou una clase maxistral previa ao visionado da película que nos permitiu encadrala nun contexto histórico determinado e apreciar se cabe mais o seu valor.

Deixamos falar ao experto:

“É evidente que nos últimos 10 ou 15 anos houbo unha renovación do fantástico francés, pero estivo presente desde os inicios da filmografía francesa, como Georges Méliès a finais do s. XIX e nesa liña está tamén Georges Franju.

Georges Franju (1912 –1987) foi unha figura de verdadeiro peso na cultura cinematográfica francesa. En 1936 funda, xunto a Henri Langlois, a Cinémathèque Française. A súa carreira como director iníciase en 1949 no campo do documental, ao que achega algúns títulos que pasaron á historia do xénero. Traballos seus como “Le Sang des bêtes”, sobre o matadoiro de París gravado tres anos despois da II Guerra Mundial e que moitos ven unha comparativa co xenocidio realizado polos nazis pouco tempo atrás, “Hôtel des Invalides” ou “En passant par a Lorraine” mostran xa o seu especial talento para filmar a realidade desde ángulos inesperados, un trazo que fai que nestes filmes testemuñais aflore sempre unha sensibilidade próxima ao surrealismo e o expresionismo.

Cando entra no cinema de ficción, con “A cabeza contra o muro” penétrase no terreo do social, pero co seu segundo longo, “Lles yeux sans visage” xa experimenta máis co fantástico. Nalgunha secuencia desta última película hai elementos propios do documental.

“Les Yeus sans visage” é un título de culto na historia do cinema fantástico que cimenta as bases para o posterior desenvolvemento do xénero. O seu sinal deixarase notar nun bo número de producións, desde “Gritos en la noche” de Jesús Franco a “La piel que habito’ de Pedro Almodóvar. “

Segundo Quim Casas, é unha película dificilmente clasificable, non hai nada anterior no que se basee Franju.

Ficha de la película:

“Les yeux sans visage” (Georges Franju, 1960) 88’ VOSE 35mm

Dirección: Georges Franju. Producción: Jules Borkon Guión: Jean Redon, Pierre Boileau. Fotografía: Eugen Schüfftan. Vestuario: Marie Martine. Dirección de arte: Margot Capelier. Música: Maurice Jarre. Montaje: Gilbert Natot. Intérpretes: Pierre Brasseur, Edith Scob, Alida Valli, Juliette Mayniel. Francia. 88′

Argumento: a filla dun científico notable sofre un accidente que lle esnaquiza a cara e o pai obsesiónase coa idea de reconstruíla.

Fotografía: Magdalena Barro