Sección competitiva adicada a curtametraxes non profesionais feitos en Galicia e nos que se esixe o uso do galego como idioma orixinal. Trátase dunha sección competitiva que busca as producións máis experimentais e arriscadas, onde o enxeño, a capacidade de inventiva e as narrativas non convencionais sexan capaces de ofrecer unha obra que optimice os recursos dispoñibles con talento, creatividade e sentido do humor. Este concurso está dirixido ás escolas de cinema que hai en Galicia para fomentar os xéneros cinematográficos de terror, fantástico e ciencia ficción en Galicia e, tamén, o uso do galego nas obras audiovisuais.
Esta é a selección oficial do Concurso Internacional de Curtametraxes “Fetus”

FUNDACIÓN LUIS SEOANE

SÁBADO 16 OUT 20:00H
Monte Bravo (Noelia Muiño, 2020) 14’ Galicia
Paula é unha nena que vive nunha aldea de Galicia tras a Guerra Civil. Un día, xogando co seu irmán Pablo, ve un home lobo. Pero é real, ou só un produto da súa imaxinación? A través da viaxe dos irmáns para atopar o home lobo, profundamos na soidade, a alegría e o medo entre os que se debaten.
Canibalismo (Diego R. Aballe, 2021) 14’ Galicia
Adaptación dun texto do dramaturgo galego Marcos Abalde, Canibalismo trasládanos a unha noite fría na que dous homes dan voltas no seu coche até atoparse cun esmoleiro que dorme nun caixeiro automático abandonado. Un thriller sobre a natureza humana, o odio sobre o descoñecido, os xuízos morais e as certezas inmorais.
Cineris (Carlos A. Quirós, 2021) 14’ Galicia
Aurora diríxese como cada Noitevella a cear co seu irmán Vicente, ademais esta noite vai ser diferente; Vicente acaba de morrer e Aurora debe coidar o seu corpo. Sen axuda, a muller, nun estado marxinal e co apoio dun pequeno carriño de mercadorías, sae á rúa para ofrecerlle a Vicente unha merecida despedida. A través das concorridas prazas dun Ferrol decadente, Aurora só atopa curiosos e mozos coa intención de celebrar unha noite única. O fortuíto encontro cos festeiros termina converténdose na colaboración que Aurora necesitaba para honrar ao seu irmán cun torpe pero fermoso funeral.