Esta sección leva sendo o motivo principal da celebración do festival que ano tras ano aumenta en repercusión, xa que o premio principal recaeu nas pasadas ocasións en países tan diferentes como Irlanda, Australia, Noruega. Estados Unidos ou Finlandia.
A convocatoria faise mediante concurso público internacional (ao que se presentan unha media de 400 curtametraxes de todas as partes do mundo) por medio de plataformas de inscrición online.
O Primeiro Premio é outorgado por un xurado internacional, o Percebe Mutante de Bronce. O Segundo Premio, outorgado polo público asistente mediante votación en sala, consiste nun Percebe Mutante fabricado en resina e pintado a man por un artista galego.
Esta é a selección oficial do Concurso Internacional de Curtametraxes FKM2019. Proxectaranse en sesión dobre no CGAI.
O xurado encargado outorgar o percebe de bronce está composto por: Sonia Méndez, Marcos Nine e Alberto Vázquez. E na propia sala durante as proxección se votará o premio do público.

VENRES 18 OUT 18:00h
CGAI
Entrada libre ate completar aforo
VENRES 18 OUT 20:30h
CGAI
Entrada libre ate completar aforo