Sección competitiva especializada, para animar aos autores a pensar no festival como un escaparate onde amosar as súas obras a través dun concurso público, para o que creamos un primeiro premio especial adicado ao director coruñés Amando de Ossorio: Premio Ossorio á Mellor Película.

Neste ano participan 4 longametraxes a concurso que foron seleccionadas polo equipo de  programación do festival. O concurso público faise empregando plataformas de inscrición online. O Premio Ossorio  á mellor longametraxe é outorgado por un xurado internacional, e consiste nun Percebe Mutante de Bronce.  Nesta sección tamén son recoñecidos os mellores traballos nas seguintes categorías: Mellor Guión, Mellores Efectos Especiais, Mellor Banda Sonora e Mellor Interpretación.

O Premio do público é outorgado polas persoas asistente ás proxeccións mediante unha votación en sala, e  consiste nun Percebe Mutante fabricado en resina e pintado a man por un artista galego.

Esta é a selección oficial do Concurso Internacional de Longametraxes FKM2019. Proxectaranse no CGAI precedidas polas curtametraxes das sección SEN LÍMITES.

O xurado encargado outorgar os premios e galardóns está composto por: Lois E. Froiz, Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Sande. E na propia sala durante as proxección se votará o premio do público.

MARTES​ ​15 OUT 18:00H

Fuel (Israel González, 2019) 72’ España.

Estrea en España

Raúl é un influencer gastronómico que inicia unha ruta por la Costa Oeste de Estados Unidos. O seu pesadelo comezará cando esperte no medio de Death Valley, no deserto de Mojave, preso a un Plymouth Barracuda cunha cadea.

SEN​ ​LÍMITES

Between (María Castillo, 2019) 9′ España

MARTES​ ​15 OUT 20:30H

Flesh City (Thorsten Fleisch, 2018) 85’ Alemaña V.O.S.E.

Estrea en España

Nun clube de baile, situado nun local industrial abandonado, unha parella de fashion victims cae nas redes do Profesor Yagov, o científico tolo residente, quen introdúceos na mutilación e a violencia que rematará infectando a toda a cidade. Todo o mundo en Flesh City estará conectado… a través da carne.

SEN​ ​LÍMITES

Tinder Time (Olga Osorio, 2019) 8′ Galicia.

Estrea en Galicia

MÉRCORES​ ​16 OUT 18:00H

Atacama (Enrique R Bencomo, 2019) 69’ México.

Estrea en España

No Deserto de Atacama, o lugar máis árido do mundo, catro vidas converxen: Nicolás, que busca redimirse co seu pai falecido. Facundo, un mineiro obsesionado, enfermo e escuro. Brisa, unha astrónoma, perdida na procura de alguén. Luis Felipe, na busca dun tesouro soterrado nun campo de concentración de Pinochet. En Atacama nada sae ben.

SEN​ ​LÍMITES

Hopes (Raúl Monge, 2019) 10’ España

MÉRCORES​ ​16 OUT 20:30H

Blood Machines (Seth Ickerman, 2019)

Blood Machines (Seth Ickerman, 2019) 50’ Francia V.O.S.E.

Estrea en España

Secuela de Turbo Killer, na que dous cazadores de recompensas galácticos perseguen polo espazo profundo ao que parece ser unha nave vivinte. Pronto descubrirán que no seu interior habita a pantasma dunha muller que da vida á nave e ameaza con transformar a galaxia enteira.
B.S.O. de Carpenter Brut.

SEN​ ​LÍMITES

Turbo Killer (Seth Ickerman, 2016) 4’ Francia