Sección competitiva especializada, para animar aos autores a pensar no festival como un escaparate onde amosar as súas obras a través dun concurso público, para o que creamos un primeiro premio especial adicado ao director coruñés Amando de Ossorio: Premio Ossorio á Mellor Película.
Neste ano participan 5 longametraxes a concurso que foron seleccionadas polo equipo de programación do festival. O concurso público faise empregando plataformas de inscrición online. O Premio Ossorio á Mellor Longametraxe é outorgado por un xurado composto por profesionais do audiovisual, e consiste nun Percebe Mutante de Bronce. Nesta sección tamén son recoñecidos os mellores traballos nas seguintes categorías: Mellor Guión, Mellores Efectos Especiais, Mellor Banda Sonora e Mellor Interpretación.
O Premio do público é outorgado polas persoas asistente ás proxeccións mediante unha votación en sala, e consiste nun Percebe Mutante fabricado en resina e pintado a man polo artista galego SEKONE.
O xurado encargado outorgar os premios e galardóns está composto por: Olga Osorio, David Salgado Marcote e Rafa Calvo. E na propia sala durante as proxección se votará o premio do público.

FUNDACIÓN LUIS SEOANE
MARTES 19 OUT 20:00h
Doppelgänger (Paco Guitián, Tadeo Puglieso, 2021) 74’ Galicia
O Psicólogo Hugo Serantes camiñou errante entre as conciencias dos seus pacientes tentando solucionar as fobias e traumas que os atormentaban, e non sempre foi fácil. No pasado foi deostado polos seus compañeiros de profesión e denunciado polas súas propios pacientes por utilizar métodos pouco ortodoxos.
Ata que un día, por casualidade, fai o descubrimento que posiblemente cambie a concepción mesma da existencia. Todos somos hóspedes de sombras do pasado, elas tratan de axudarnos a non cometer os seus mesmos erros por medio de fobias e traumas atávicos.
Hugo tratará entón de estudar e transmitir o seu descubrimento e será de novo incomprendido, só unha estudante en prácticas mostrará un inusitado interese.
Finalmente, non poderá fuxir da súa propia sombra do pasado que guiará o seu destino e evitará que non cometa os seus mesmos erros. Agora tedes que ouvilas.
Rodada na Coruña.
MARTES 19 OUT 22:00h
The Winter Hunger (Álvaro García Gutierrez, 2021) 110’ España
Estrea en Galicia | Opera prima
Unha mutación do virus da rabia, B249, transmitiuse aos seres humanos. A infección estalou inicialmente no norte de Sumatra e só necesitou 20 días para expor todo o continente. Agora, tres meses despois do primeiro caso, renunciamos á loita. As persoas infectadas atacan a todas as criaturas viventes que atopan no seu camiño; só unha dentada é suficiente para infectarse e os efectos aparecen despois duns segundos. Non hai electricidade, nin comunicacións, nin exército, nin goberno. Un grupo de cinco sobreviventes foxe ao campo, lonxe das zonas poboadas. Vén o inverno.
MÉRCORES 20 OUT 20:00h
Johan (Santiago Tamagnone, 2021) Arxentina
Premier Mundial | Opera prima
Johan (Norberto Trujillo) esperta nun templo baleiro no medio dun pobo pantasma. Como un neno no corpo dun home, está perdido, sen recordos, é incapaz de falar e atorméntano visións das vidas doutras persoas. O seu pai (José Luís de Madariaga), comunicándose a través dunha vella radio, dille que os demos que viven no pobo mantéñeno prisioneiro. Empuxado polo seu corazón heroico, Johan embárcase nunha misión para derrotar á escuridade e salvar ao seu pai. Con todo, a medida que enfronta aos demos e vai desenvolvendo os seus coñecementos e habilidades, o corazón de Johan endurécese, e xa non parece capaz de discernir se o seu camiño está a levalo a derrotar ás sombras ou a unirse a elas.
Opera prima do arxentino Santiago Tamagnone. Filmada en Italia e nas Illas Canarias no medio da pandemia COVID. Seleccionada polos festivales Molins de Rei, Feratum Fest e Isla Calavera.
MÉRCORES 20 OUT 22:00h
El último tren al Rock’n’Roll (Ignacio Malagón Del Río, 2021) 98’ España
Estrea en Galicia
“The last Call”, unha vella banda de rock, é finalista nunha batalla de bandas por primeira vez na súa carreira. Chegou o día da final pero o cantante e o técnico de son están misteriosamente desaparecidos. Unha tentadora chamada á fama e unha conta pendente con inimigos do pasado poraos a proba, e se non arranxan todo antes de que se esgote o tempo, tal vez nunca poidan coller… O último tren ao Rock and Roll.
Opera prima desenvolvida a partir dunha web serie que foi nomeada en varios festivais, como o Carballo InterPlay (CIP) e o London Short Series Festival. Estreouse na sección Brigadoom do festival de Sitges.
DOMINGO 31 OUT 20:00h
Jacinto (Javi Camino, 2021) 94’ Galicia
Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandonada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porán o seu mundo patas para arriba. Jacinto sospeita que as recentemente chegadas son vampiras que planean acabar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror.
Tras a súa estrea mundial no festival de Sitges, chega a Galicia a primeira longametraxe de Javi Camino, 13 anos despois da súa primeira curta, “Maldito Bastardo”. Rodada en galego e inglés.