Esta é a selección oficial do Concurso Internacional de Longametraxes FKM2019. Proxectaranse no CGAI precedidas polas curtametraxes das sección SEN LÍMITES.
MARTES 15 OUT 18:00H
MARTES 15 OUT 20:30H
Flesh City (Thorsten Fleisch, 2018) 85’ Alemaña V.O.S.E.
Estrea en España
Nun clube de baile, situado nun local industrial abandonado, unha parella de fashion victims cae nas redes do Profesor Yagov, o científico tolo residente, quen introdúceos na mutilación e a violencia que rematará infectando a toda a cidade. Todo o mundo en Flesh City estará conectado… a través da carne.
MÉRCORES 16 OUT 18:00H
Atacama (Enrique R Bencomo, 2019) 69’ México.
Estrea en España
No Deserto de Atacama, o lugar máis árido do mundo, catro vidas converxen: Nicolás, que busca redimirse co seu pai falecido. Facundo, un mineiro obsesionado, enfermo e escuro. Brisa, unha astrónoma, perdida na procura de alguén. Luis Felipe, na busca dun tesouro soterrado nun campo de concentración de Pinochet. En Atacama nada sae ben.
MÉRCORES 16 OUT 20:30H
Blood Machines (Seth Ickerman, 2019) 50’ Francia V.O.S.E.
Estrea en España
Secuela de Turbo Killer, na que dous cazadores de recompensas galácticos perseguen polo espazo profundo ao que parece ser unha nave vivinte. Pronto descubrirán que no seu interior habita a pantasma dunha muller que da vida á nave e ameaza con transformar a galaxia enteira.
B.S.O. de Carpenter Brut.
Leave A Comment