Dentro do IV Concurso Internacional de Curtametraxes, proxectouse a curta “Asuntos Domésticos”. FKM falou coa súa produtora, directora e guionista, Alexia Muiños

“Asuntos Domésticos” é a súa curta número sete e o primeiro traballo que se mostra na Coruña, cidade da que é orixinaria. A súa primeira longametraxe “Noite transfigurada” exhibiuse na Semana do Cinema de Autor de Lugo, pero aquí na Coruña é a primeira vez que exhibe un traballo seu. Alexia Muíños é, ademais de produtora, directora e guionista de “Asuntos Domésticos”, membro da a “European Women Audiovisual Network”.

Como foi o proceso de participación da túa curta no Festival FKM?

“Este ano estaba a buscar festivais de cinema fantástico para promover a miña curta e foi como coñecín FKM. Alégrome de telo agora como festival de referencia, xa que é un festival do fantástico na miña cidade natal, e iso sempre é de agradecer.”

Como xurdiu a idea da curta “Asuntos Domésticos”?

“É unha especie de broma. Quería amosar como sería a vida doméstica duns seres pouco comúns pero desde o punto de vista dunha parella ordinaria que non se leva ben, coma un matrimonio que se levan mal. Ademais, a vítima desta trama leva o peso de toda a curta.”

“A exhibición da Coruña foi a estrea nacional e galega, pero a curta xa se estreou no festival de cinema fantástico Grossmann en Eslovenia a través da Federación Europea de Festivais do Fantástico. Posteriormente proxectouse en Londres no FrightFest e tivo moi boa acollida entre o público. Tamén estivo no Festival Mórbido de México, agora na Coruña, e a semana que vén estará en Florencia e máis adiante, en Manaos (Brasil).”

Como foi o proceso de rodaxe e produción?

“A preprodución durou uns tres meses e medio. A rodaxe durou 6 días en Barcelona. A postprodución de imaxe e son levou entre 8 e 9 meses. Ademais da miña produtora, contei coa colaboración da escola de cinema “Bande à Part” e de “Negrete Films Visual Effects. O orzamento total foi duns 12.000 €.”

Cales son os teus próximos traballos?

“Acabo de recibir a aprobación dunha axuda do fondo europeo “Media” para o meu próximo longo “As troitas cantan ao amencer”. A longa rodarase en Galicia e trata dunha moza, Aldara, que castigada a pasar dous meses na aldea coa súa avoa, o que parecía o fin do mundo para ela, convértese no verán máis emocionante da súa vida.”

Como diciamos “Asuntos Domésticos” formou parte do grupo de curtas a exhibición dentro deste FKM 2015 que foron os seguintes:

– Escape from Midwich Valley

– Yo soy Pedro

– The Ballad of Thunderckuck. Chicken of Thor.

– El gigante

– Devil Makes Work

– Toonocalypse

– Puzzle

– Thicker than water

– Es war finster und merkwürding still

– L’ours Noir

– Dientes de otro

– El modelo de Pickman

– They will all die in Space

– Dinner for Few

– Liquid

– Sister Hell

– He took his skin off for me

– Wurst