A ZombieWalk é unha marcha de seres fantásticos que percorre as rúas da cidade, xa é un clásico dentro da celebración do festival. Este ano o festival contará outra vez con este evento pero nunha data posterior á clausura do mesmo. Será o 31 de OUTUBRO, Día de Defuntos/Samaín/Halloween.


Outro ano máis a Zombiewalk pon o punto final ao festival na noite do Samaín.
Pechando a programación o último día de outubro, na véspera do día de defuntos, a noite do Samaín, terá lugar a tradicional Zombiewalk coa colaboración do Concello da Coruña, que contará co clásico concurso que premiará a mellor caracterización.
MAQUILLAXES PREVIA CITA ABERTA AO PÚBLICO
Durante toda a tarde, desde ás 18:00h no pub pub Meliora (Praza Juan Naya Nº 5), o noso equipo de Maquillaxe FX caracterizará (por 5€) a todas as persoas que fixesen a súa reserva escribindo a sfx@festivalfkm.gal
MAQUILLAXES DE EXHIBICIÓN
Este ano, a cita coa maquillaxe FX virá da man de Alberto Hortas (El Laberinto del Fauno, entre outras, e nomeado aos Premios Goya) que ofrecerá una masterclass de exhibición na que se poderá ver todo o proceso de caracterización e aprender a técnica maxistral deste gran mestre. De 18:00 ao 21:00 na sede da Once no Obelisco estará maquillando ao mestre de cerimonias Juanillo Esteban.
ZOMBIEWALK
CONCENTRACIÓN NO OBELISCO 22:00H
Congregamos a todos os zombis para conxurar a apocalipse zombie. A 9ª ZombieWalk sementará o terror nas rúas da cidade unha vez máis, zombificándoo todo ao seu paso, até chegar ao pub Meliora (Praza Juan Naya Nº 5), para a entrega de premios do… CONCURSO ZOMBIEWALK, que premiará á mellor caracterización que participe no rueiro. O premio consistirá nun kit de maquillaxe e materiais FX e algunha sorpresa máis.
ZOMBIE ANIMAL PARTY.
A partir das 23:00h no pub Meliora (Praza Juan Naya Nº 5) comeza a festa, con chupito macabro gratis para zombis.


PRESENTACIÓN DO Nº 2 DO FANZINE “MATANZA CANÍBAL” ás 19:00 h
En colaboración con Alita Cómics. Participan: Luis Sendón, Tonecho Otero e Lois E. Froiz.
Na librería Alita Cómics, rúa Orzán nº 94 ás 19:00h da tarde.
Presentación dun novo número do fanzine adicado ao cinema de terror galego editado por FKM e Altar Mutante. Nesta ocasión afóndase no cinema fantástico de Amando de Ossorio, con material inédito e artigos que converten este número nun monográfico de coleccionista.